20/4/09

misterio galego n# 10

agora que xa hai resultados nas comarcas é ningunha das listas acadou una maioría suficiente para a Asemblea, os representantes do nacionalismo galego seguirán enclaustrados en debates de casino sobre si son pouco, dabondo ou moito de esquerda ou si son galgos ou son delegados, asuntos que so eles entenden e so a les importan, ou empezarán a ocuparse do que lle preocupa á xente que lles votou e á que lles podería votar algún día?

1 comentario:

  1. 2029. O líder de turno do PP é nomeado presidente da Xunta polo Rei. O anterior goberno, monopartito do PSOE-PSdg, perdeu as eleccións pola súa propia incredulidade de ter gañado no 2025.
    O novo presidente como primeira medida derroga o decreto do galego que establecía unha sesión a semana de dita lingua. Promove o cuatrilingüísmo amable: castelán, inglés, mandarín e se alguen se empeña galego.
    Mentres os partidos nacionalistas, sen representación parlamentaria, seguen a discutir quen é máis de esquerdas. Se ben este debate quedou ensombrecido na última campaña polo interesante debate sobre a nova grafía do idioma: uns propoñen escribir nos ideogramas chineses como solución a loita entre normativa oficial e reintegracionistas; outros alporizados ante a perspectiva de empregar os ideogramas chineses defenden os Kanji xaponeses.
    Última hora: proposta de concordia, o cuneiforme.

    ResponderEliminar