Cada quen na súa casa
Disque, segundo Aymerich, no BNG non sobra ninguén. Sóbralle razón. O cal non é incompatible con que haxa algún que estaría mellor noutro sitio ou ande equivocado de partido. As comarcas falaron e déronlle a maioría á UPG, e vai sendo hora de que Rodríguez e os seus asuman por unha vez a primeira liña e toda a responsabilidade que leva canda si. Mal farían os quintanistas en aceptar facer de socio presentable. Peor farían en pactar cos Irmandiños sobre a única base de ir contra da U. Se o nacionalismo galego quere abrir unha nova etapa, é hora de deixar de confundir consenso con rebumbio. Cada quen na súa casa, e Castelao na de todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario