7/4/09

o misterio de hoxe. sobre os misterios, unha aclaración editorial

un amigo do blog manda un correo onde da conta do malestar que ten producido noutros amigos que a actualización diaria dos misterios galegos se traduza na eliminación da entrada vella e a conseguinte perda dos comentarios que poda haber. Algúns mesmo chegan a falar de censura. Mellor ou peor, o único obxectivo de facelo así era axilizar o blog e non repetir contados nas entradas e nas columnas. Se alguén o entendeu como un falla da respecto os comentarios que tendes a amabilidade de deixar, vaian por diante ás miñas desculpas. Para evitar que eso poda repetirse, dende hoxe, seguiranse actualizando os misterios, pero sen eliminar as entradas. Unha vez máis perdón á todos e, como escusa, que nesto do bloguería un aínda está aprendendo. Espero que co seu permiso, vou reproducir un dos comentarios eliminados tal e como aparece no blog do seu autor, XOssé DOrrío, un dos amigos que, con razón, se molestou pola eliminación da entrada. Espero que el e os outros catro autores do cinco comentarios eliminados acepten as miñas desculpas.
Abr 01 2009 Os misterios de Antón Losada MISTERIO NÚMERO 4 agora que Quintana vai ocupar posto na mesa do Parlamento, acabará dunha vez o acoso e derrube de la Voz de Galicia ou seguirán co manual de periodismo independente ate acabar con il, sen tregua coma no despiadado xogo do golf que tantas paixóns desata?
o comentario de XOssé:
Analistos coma vostede, Sr. Losada, foron os que alimentaron o ego do Sr. Quintana, foron vostedes os que fixeron que os dirixentes do BNG non mirasen máis aló do seu embigo porque, seica, para mirar, xa estaban vostedes. Foi así como se lles ocorreu facer unha campaña centrada na imaxe dunha sóa persoa, esquecendo o colectivo e a pluralidade do BNG. Foron vostedes os que lle puxeron un branco fácil a La Voz de Galicia (e outros) pois, non é a primeira vez que atacan ó lider do BNG. Xa o fixeran antes con Beiras e con acusacións moito máis graves… non sei si se lembrarán? Daquela o BNG era un partido unido, plural pero unido, non dividido como agora pola cobiza duns poucos, por iso aqueles ataques só conseguían o efecto contrario: aumentar o número de votantes nacionalistas. E remato cunha obsevación que fixo un compañeiro do BNG: o rumbo deste partido non pode estar dirixido polos que, coma vostede, comen da maseira, senón polos que, coma nós, botamos (e votamos) o penso nela.

7 comentarios:

  1. Por retranca que non sexa :D Grand Finale!

    ResponderEliminar
  2. O mellor dun blog é que permite deixar reflexado o que un pensa nun determinado intre sobre o que le... pero nesa opinión quedan moitas cousas máis, que atinxen a vida persoal, que só quen escribe sabe identificar. A veces dou con comentarios que escribin hai un ano, dous, tres,... cando os leo, a miudo decátome que xa non penso igual,que non son o mesmo, pero que de repetirse aquel día coas mesmas circunstancias voltaría a decir exactamente o mesmo. Isto pásame co que escribo no meu propio blog... a veces gostaría cambiar algo, desdecirme nalgo, pero facelo sería como cambiar o meu propio pensamento pasado. Son o resultado das miñas reflexións e irreflexions (JRR Tolkien decía en o Señor dos Aneis: Máis vale desconfiar de verbas inmerecidas que de verbas irreflexivas) e non me gostaría esquecer quen son.

    Desculpas aceptadas.

    ResponderEliminar
  3. Estes son todolos comentarios da entrada:

    Anónimodijo...:

    COMO NON, MEU.SI A TI TE ATACARON SEN PIEDADE NIN CONSIDERACION PORQUE REPRESENTAS A HONESTIDADE E A DECENCIA E CON ISO QUE NOS GUSTOU TANTO A ALGUNS QUE É A MALAHOSTIA PERO EN VERSIÓN GALEGA, QUE FARAN CO TEU EX-XEFE QUE O POBRIÑO FOI ADEMAIS DE MODERADO.

    Anónimodijo...:

    Pois permíteme que te corrixa pero eu creo que SR non rematou aínda, a mesquindade non ten freo, perderon as eleccións pero siguen vivo, e no caso de Quintana, vivo e na foto, vaia ser que se lle ocorra levantar cabeza que ainda é novo. Así que sin pretender ser profeta das desgracias eu creo que non rematarán os ataques ata que o nacionalismo dea síntomas de deixar de respirar. Pero ollo, despois do nacionalismo haberá outros enemigos de Sabón.......

    xOsse

    Analistos coma vostede, Sr. Losada, foron os que alimentaron o ego do Sr. Quintana, foron vostedes os que fixeron que os dirixentes do BNG non mirasen máis aló do seu embigo porque, seica, para mirar, xa estaban vostedes. Foi así como se lles ocorreu facer unha campaña centrada na imaxe dunha sóa persoa, esquecendo o colectivo e a pluralidade do BNG. Foron vostedes os que lle puxeron un branco fácil a La Voz de Galicia (e outros) pois, non é a primeira vez que atacan ó lider do BNG. Xa o fixeran antes con Beiras e con acusacións moito máis graves... non sei si se lembrarán? Daquela o BNG era un partido unido, plural pero unido, non dividido como agora, pola cobiza dus poucos, por iso aqueles ataques só conseguían o efecto contrario: aumentar o número de votantes nacionalistas.

    E remato cunha obsevación que fixo un compañeiro do BNG: o rumbo deste partido non pode estar dirixido polos que, coma vostede, comen da meseira, senón polos que, coma nós, botamos (e votamos), o penso nela.

    marGuidijo...:

    Coido que xa poden descansar tranquiliños os periodistas de La Voz. Agora xa está a laboura feita. Pero, os elementos próusimos a Quintana seguerán votándose á faciana os feitos provocadores da desfeita eleitoral. A partida endexamáis rematará sempre haberá recambios de obxectivos e de actores.

    Anónimodijo...:

    Eu o que non vexo é onde están as acusacións de La Voz de Galicia. No caso de Quintana limitase a informar sobre o que fai e a emitir opinións coherentes ca linea editorial. Cousa distinta é que Quintana, errado nos seus xestos, xa este arrepentido e agora prefirise unha prensa que non informa. E o acoso non rematará pois as plumas teñen que estar entretidas ata que apareza unha nova presa. O que hai que facer é non poñerllo "a huevo" como fixo Quintana. Xosse coincido co seu comentario. Ainda me falta ver unha autocritica por parte do autor deste blog. Algo terá que ver na caida do quintanismo como proxecto hexemonico, non si?


    Conversa recuperada grazas a cocomment

    ResponderEliminar
  4. Anónimo10.4.09

    Normal que defenda ó seu ex-patrón.E é verdade que a campaña contra Quintana foi un chisco ruín.Pero non foi nada en comparación coa campaña de difamación contra Ánxela Bugallo.O machismo-leninismo esixiu a morte política e mesmo social da Bugallo.Daquela onde estaba vostede señor Losada? O que agora acontece con Quintana podería entenderse como unha "poetic justice"

    ResponderEliminar
  5. Anónimo11.4.09

    Ao parecer dimitir, asumir os erros e dar paso a outros non é autocrítica para algúns. En fin sinto moito que as flaxelacións na praza pública non estean de moda, para satisfacer a algúns. A min tamén me gustará ver a autocrítica destes críticos cando Feijóo e o PP despreguen as súas políticas no país, cando para falar galego teñan que ir a Portugal ou para demandar máis autogoberno e un Estatuto de Nación a pedir a casa de dios. Entón agardo ver esa autocrítica que andan pedindo, que alguén dea a cara e asuma algún tipo de responsabilidade, para variar non estaría mal no BNG. É moi doado criticar e non ir a votar porque as cousas non nos gustaron de todo, habería que ver cántos asaltos lle aguantábades á Voz de Galicia dos da campaña, ou os ovos que lle botábades para defender á Vicepresidencia diante do PSOE, porque estou seguro de que ningún de vos defendería ao nacionalismo galego subido a unha escada e cunha rasqueta na man. Non home, os verdadeiros nacionalistas son os que acuden relixiosamente ás asambleas do BNG a teorizar sobre o país, a queixarse de que non nos queren, a criticar o que fan os demáis, e por suposto, a comprar relixiosamente La Voz de Galicia para ter unha opinión acreditada. Noraboa, e que haxa sorte

    ResponderEliminar
  6. Anónimo12.4.09

    Campañas indecentes? Manda carallo coa panda de machistas,bandulleiros e incompetentes que agora teñen o queixo de cristal e non queren críticas!

    Efectivamente,para campaña indecente a que aturou Anxela Bugallo.E daquela ninguén a defendeu. Agora non ten nin coche oficial como teu patrón nin voz política.

    ResponderEliminar