Onde hai patrón...
Disque Zapatero nunca se pareceu tanto ao Joker, o arquiinimigo de Batman, como cando lle preguntaron pola remodelación que ía anunciar a todo trapo á volta da súa xira triunfal polo mundo mundial. Aínda así, a xogada devólvelle a iniciativa política. Disque a O Noso Mariano o colleu entretido nas leas do seu partido e só acertou a facer un chiste perigoso sobre cambiar o capitán e non os mariñeiros. Perigoso porque alguén lle pode retrucar que onde hai patrón, non manda mariñeiro. Pero en Madrid coñecen pouco da nosa sabedoría popular e seguramente a ninguén se lle ocorrerá. Aínda que agora, con tanto ministro galego, quen sabe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario