20/5/09

artigo en A Nosa Terra. nº 1359 - 14 de maio do 2009

Aínda non se apagaron os ecos da Asemblea do 10-M e os teóricos gañadores xa andan diluíndo as responsabilidades entre todos. Polo visto, a vitoria, a portavocía nacional e a executiva son súas, pero canto pase a partires de agora e que os resultados sexan bos ou malos semella cousa de todos. Mal farían os Quintanistas en deixarse atrapar por esta vella e coñecida estrataxema “made in Paco Rodríguez” e pola que manda el, pero apenca todo quisque co que veña e se depuran responsabilidades logo da oportuna “clarificación”. Una cousa é a leal colaboración e outra cousa e outra facer o primo polas decisións que toman outros.
O mellor da asemblea é a confirmación de que no nacionalismo galego hai alternativas e hai onde escoller. O consenso deixa de constituír ese ben sobrevalorado. Benvida sexa a san e produtiva competencia entre visións alternativas e non excluíntes. O novo BNG pide paso. A hexemonía da UPG ten os pés de lama. Que sexa posible grazas a esa estraña marca branca que foi a escisión de movemento pola base ou como se chamen, mesmo dálle ese toque naif e surrealista da famosa escena da Vida de Brian e as frontes de liberación xudías. Para cando se desfaga, o Quintanismo faría ben en ter armado un discurso político sólido e un programa alternativo.
É cousa de todo o nacionalismo axudar para que as cousas saian adiante o mellor posible. Pero canto pase a partir de agora é responsabilidade de quen gañaron pois son as súas análises, os seus diagnósticos e as súas solucións e porque, como ben dixo Concepción Arenal, cando a culpa é de todos, acaba sendo de ninguén

No hay comentarios:

Publicar un comentario