14/5/09

disque 14/5/09 Galicia Hoxe

A feira de Madrid Disque, coma sempre, Galicia apareceu nas Cortes cando tivo a palabra o BNG. Nun momento de tanta soidade parlamentaria para Zapatero, os dous deputados nacionalistas poderían facer bos tratos na feira do foro se se comportaran coa astucia e co sentido práctico dos nosos feirantes. En lugar de aproveitar esta oportunidade, prefiren sumarse á corrente xeral de zurrarlle ao presidente, non vaia ser que pensen que se entenden, darlle leccións de boa esquerda e de bo goberno, e esixir en vez de ofrecer e de negociar. A rendibilidade electoral desa estratexia está por ver. Ao país, de moito non semella que lle vaia valer. Hai un tempo para facer teoría política e outro para ir á feira.

1 comentario:

  1. Anónimo15.5.09

    non home non, que eles están chamados a destinos máis groriosos. Os camiños de Paco son inexcrutables....

    ResponderEliminar