22/5/09

disque 22/5/09, Galicia Hoxe

Disque que O Noso Alberto quere eliminar o galego das oposicións xunteiras. Para falar tanto de cordialidade e de consenso, moito tira pola brava á hora dos feitos. A lóxica da dereita é implacable. Se para ser conselleiro non fai falta saber galego, nin sequera mostrar intención de aprendelo, a ver con que carallo llelo esixen aos funcionarios. Se se pode mandar tanto sendo galegoanalfabeto, sería incongruente reclamarlle maior preparación ou respecto pola lingua do país a un auxiliar administrativo que vai facer fotocopias ou atender os cidadáns. Custa traballo entender como se confunde tan facilmente a liberdade coa ignorancia.

3 comentarios:

  1. Non hai de que extrañarse, isto é o trilingüismo, o que si se ten que saber falar son a lingüas importantes, o chino mandarín, o inglés e o francés.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo26.5.09

    O propio Feixó e inglesanalfabeto, pero pretende incluír esa lingua no novo decreto co que vai podar o galego no sistema educativo. Boa parte da nosa clase política nin le en varias linguas nin aprende idiomas, pero pretende lexislar e dicirnos aos demais o que temos que facer con eles.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo28.5.09

    Estes caciques palurdos do PP pretenden encher as oposicións da Galiza de candidatos de fóra aos que lles van estender unha alfombra vermella de cortesía lingüística para que ocupen aquí os mellores postos e aínda por riba teñamos que dirixirnos a eles en castelán.

    ResponderEliminar