1/5/09

o último de Dylan

together through Dylan

A primeira vez que escoitei unha peza de Dylan foi Knocking On Heaven Door e xa nos fixemos amigos. O primeiro casette que comprei dil foi Slow Train Coming, daquela estaba interno no seminario de Mondoñedo empezando o BUP -cáspita, que diría Serafín Cordeiro, qué foi do BUP?-. Facía tanto frío que mesmo se cubriu de neve a praza da Catedral e xeou o rio que cruza a ponte do Pasatempo, onde retiveron a muller de Pardo de Cela que le traía o perdón mentres lle cortaban a cabeza que foi rodando ate a porta da Catedral dicindo "credo, credo, credo", ou eso contan.

Dylan andivo un tempo perdido polo mundo do show busnisses, que che é un sitio moi mal señalizado e onde é doado perder a orientación. Pero deu co camiño de volta á casa co elegante e clásico "Modern Times". Agora acaba de sacar o animoso e compacto "Together Through Life", que é outro cacho de realidade que so il sabe como demo se fotografían e con que instrumental. Menos mal que nos quedan estes vellos para darlle un pouco de vida ó moribundo negocio do rock and roll.

1 comentario: