17/7/09

disque 17/7/09, Galicia Hoxe

Disque O Noso Alberto se abstivo no do financiamento polo noso ben. Non porque llo mandara O Noso Mariano, que mira ti tamén que casualidade máis casual, oe. Un argumento algo confuso, porque o voto ía por un lado e os cartos polo outro. Disque collemos a pasta, pero de mala gana, porque era cousa de principios e o modelo é moi insolidario. A ver, fagamos contas: empezamos pedindo 130 millóns máis; logo, 170, e, finalmente, 190. Para ser unha cuestión de principios, sonche bastante variables. Ou como diría Groucho Marx, estes son os meus principios, pero se mos paga mellor, teño outros. Pero dío O Presidente, así que seguro que foi así.

1 comentario: