Disque foron os tres reitores pedir polas universidades a O Noso Alberto e que lles contestou que había crise. Disque os tres reitores foron comprensivos e entenderon que tocaba apertarse o cinto. As lanzas que lle dirixían ao bipartito por esquecerse da universidade tornaron palmas para a Xunta popular. Tiñan razón daquela ao protestar e non a teñen agora ao quedar calados. A Xunta acaba de reasignar máis de mil millóns para un suposto plan anticrise e semella que non atopou un euro para dárllelo aos campus. Todo se vai no gasto en circunvalacións e variantes. A educación é futuro din todos, pero o presente é do cemento.
Algún reitor podia explicarlle a Alberto que en epoca de crise é cando máis temos que invertir dende o goberno en Educación e I+D+i.
ResponderEliminarNon parece razoable pensar que imos a sair desta crise abaratando os salarios, vendedo audis, asfaltando camiños ou construíndo máis edificios.