8/5/09

misterio galego n #14

Na Asemblea do 10-M alguén no BNG atopará un minuto para analizar con datos os resultados das eleccións e buscar unha explicación coherente para as diferenzas entre o 2009 e o 2005.
De primeiras, houbo 50.752 votos máis a formacións minoritarias e 14.730 votos en branco ou nulo máis.
De segundas a evolución do voto nacionalista non é uniforme. O BNG perdeu 41.242, destes foron 31.352 na provincia de A Coruña, so na Coruña cidade se perderon 9.927, en Ferrol +/-2.700 e en Santiago +/-2.200. Noutras vilas próximas a A Coruña (Arteixo, Oleiros, Cambre, Carballo,...) perderonse +/- 1.000 votos en cada unha. En Lugo o BNG perdeu 935 votos, as perdas concentranse en dous puntos: Lugo cidade 406 e Monforte 426. En Ourense o BNG perde 1.015 votos, nesta provincia o BNg sube practicamente en todas as comarcas salvo en Ourense cidade onde perde 3.843 votos. En Pontevedra o BNG perde 7.940 votos: 2.953 en Vigo e 1.005 en Pontevedra. Presenta tamén perdas superiores aos 500 votos en Cangas, A Estrada, Marín, Moaña, San Xenxo e Vilagarcía.
Esto por qué foi, porque son mais nacionalistas e mais de esquerdas ou porque lles decepcionou máis o cambio, por exemplo, ós votantes da Coruña?

disque 8/5/09 Galicia Hoxe

Adiante ou atrás
Disque o BNG ten unha cita coa historia. As dúas almas do nacionalismo galego volven verse as caras logo de tempo cohabitando. Os delegados teñen diante de si a eterna escolla que non damos resolto: ou tirar para adiante ou facelo para atrás. Ou refuxiarse nunha concepción ultraconservadora onde todo tempo pasado e toda Galicia pasada foron mellores –e todos os problemas se amañan co slogan: como ser máis nacionalista e máis de esquerdas– ou aventurarse sen medo nunha concepción máis complexa, incerta e insegura, onde o nacionalismo se constrúe co país e con vocación de aprender del, e non de facerlle aprender lección ningunha.

unha colaboración de Millán Fernández

25-A, sempre! Tódolos anos lembramos e honramos esta data. É un recordo que, automáticamente, reproduce unha melodía e unha letra universais. Acompaña pois, unha dose alta de romanticismo cando rememoramos o acontecido no veciño Portugal o 25 de Abril de 1974. Admiramos a influenza que, a modo de serena e colectiva lección de civismo na procura da Liberdade, tivo nun tardofranquismo que, por aquel entón, daba significativas mostras de ansiado e temido esgotamento. A frialdade da maquinaria represora coleteaba impulsiva pero firme, con amarga e sanguinaria crudeza, namentras o país irmán conquería a Democracia pacificamente. O povo é quem mais ordena. Cousas da vida. Para o recente 25 o socialismo galego convocaba un Congreso Extraordinario na cidade de Pontevedra logo da derrota nas urnas, e por alí paseáronse contados claveis de dignidade que parecían invocar un imposible. Ninguén os axitaba, pois era como si a inercia da previsibilidade e da inanición política profanara o espíritu de tan memorable día. A interpretación do que a cidadanía lle dixo ó PSdeG en Marzo foi, xeralizando, e salvo a ousadía duns cantos, restrictiva, fuxitiva da realidade e, o tempo dirá, probablemente equivocada. O debate foi escaso e polo tanto, representou unha fuxida hacia adiante comprensible nun sistema deficiente coma o noso, pero pouco entendible si pretendemos elevala calidade e pulcritude democrática para acadar por fin, unha Democracia avanzada. Cando a ditadura do voto te baixa do poder tan cedo a peor das reaccións posibles é ter pánico a reinventarse, culpabilizar do sucedido a factores alleos, ou desalentala autocrítica constructiva, pois asumes como propio o discurso monopolista e vengativo que, moitas veces, se lle imputa ó conservadurismo. Non basta cun simple cambio de dúas ou tres caras. Tampouco con cativos propósitos de enmenda. Cómpre un reaxuste de ideas e un debate participativo e aberto, ou do contrario, retardas o que inevitablemente terá que chegar. Aínda que chegará con máis forza, e pode que desborde a ineficacia daqueles temerosos que se negaron, un 25-A, a comenzalo camiño que fixe as bases dunha alternativa fiable, e de progreso, para este país.

7/5/09

disque 7/5/09 Galicia Hoxe

Asesoría Rueda
Disque o conselleiro da Presidencia tiña praza de asesor de Louzán para ter a excedencia e non deixar de ser funcionario por meterse en política. Alega O Noso Alberto que non cobraba. Home presidente, se mo permite, só faltaría. E por certo, quen lle pagaba e por cal traballo? Rueda lévase distinguido por converter o ataque persoal descarnado e a negación da honorabilidade dos adversarios nun xeito de facer política. Asemade, leva lanzado duras críticas contra os funcionarios e asesores que contrataba o bipartito. Non debera deixar que se explique por el o presidente. Tampouco deberan na oposición precipitarse a darlle da menciña que tanto receitou el, e negarlle calquera defensa e enxurrar en público a súa honestidade. Estou seguro de que pode explicalo sen acusar a ninguén de nada. Seguro que pode contestar sen esforzo a unha pregunta ben sinxela: que facía na Deputación para que non lle pagaran nin un euro?

Un enlace de Mourullo

O amigo Mourullo evíanos este interesante enlace cos aventuras animadas de onte e hoxe do Conselleiro Hernández e o exemplar uso da web da Xunta para difundir información de interese xeral. Gracias compañeiro. (fotografía, el pais)
Non hai nada como as Novas da Xunta de Galicia para que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas teña o seu púlpito para predicar as súa obra misioneira como director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra:
Un saúdo-- mourullo

mil imaxes. a T.4

A T-4..... o deserto cheo de xente (Fotografía AL. 6/5/09)

6/5/09

disque 6/5/09 Galicia Hoxe

Emboscada popular Disque xa temos lehendakari non nacionalista en Ajuria Enea, e cómpre felicitalo e celebrar a alternancia. O gran gañador da operación, o PP, agarda nunha discreta segunda liña a que chegue o seu momento para empezar a apertarlle as caravillas a un PSOE que se meteu encantado da vida nunha trampa para elefantes ao servizo do discurso, os obxectivos e a estratexia dos populares. A intelixente marcha de Ibarrretxe fará que o PNV vaia deixando de comportarse como un personaxe de culebrón venezolano e asumindo que non é unha desgraza perder o Goberno, e que mesmo se aprende moito. Vía libre para o Goberno transversal que queren a maioría dos vascos.

5/5/09

recollendo tempestades. El Pais 5/5/09

Recogiendo tempestades ANTÓN LOSADA 05/05/2009 El ensimismamiento de la oposición política en Galicia ya tiene solución. Ya se hace la contra el propio Feijóo. Mientras el nuevo líder socialista dedica la mayor parte de su tiempo a advertir al BNG como si aún gobernasen juntos y los nacionalistas se cruzan duras acusaciones sobre el delito de pacto sólo o en compañía de otros, el destemido candidato que fue Feijóo y su agresiva campaña se han convertido en la sombra y el más férreo marcaje del sosegado Presidente que quiere ser. Su éxito electoral fue movido por tres vientos: cuestionar la integridad moral de sus adversarios, avisar que venía el fin del mundo en gallego y sin subtítulos, y asegurar, como Aznar, que sabía cómo salir de la crisis. Hoy recoge las tempestades sembradas. Sus tres aciertos se han convertido en sus tres problemas. La integridad cuestionada ahora es la de su gobierno. Seguramente, como repite Feijóo a quién quiera oírle, el todavía conselleiro Hernández es un buen tipo. Pero también todos sabíamos que Touriño tenía muchos defectos, empezando por sus nulos sentidos del humor y la orientación, pero no desde luego la afición al lujo. O que Quintana tampoco es un dechado de virtudes, pero no se dedicaba a andar secuestrando viejos para bailar con ellos. Ninguna de esas evidencias contuvo a Feijóo de acusar a uno de nuevo rico decadente y al otro de secuestrador. Tampoco eximen ni a Touriño ni a Quintana por no prestar atención a sus facturas o a la organización de sus actos electorales y por eso pagaron su penitencia. El caso de Hernández es idéntico, tampoco podrá librar de su castigo. Será un señor fantástico, pero cuándo menos ha rozado la ley de incompatibilidades y seguro que ha certificado en falso a favor de su antigua empresa. Un hecho defendido con el sorprendente argumento de constituir una práctica habitual en todas las administraciones. Lo que lleva inevitablemente a cuestionarse en qué administraciones ha trabajado y los valores de quién afirma que la reiteración legaliza lo ilegal. O a preguntarse qué pasaría si todos recurriéramos a tal alegación al recibir una multa por aparcar en doble fila:
-Oiga agente, que es práctica habitual y todo el mundo lo hacer. Y si le valió al conselleiro, no me va a valer a mí. -Hombre, visto así... Venga circule.
El uso electoral del gallego se basaba en un sencillo razonamiento de acción colectiva: hay una minoría activa y bien organizada en contra y una mayoría pasiva a quién le da igual. Así que decidió explorar la rentabilidad electoral de asustar a la gente anunciando la inminencia del totalitarismo lingüístico. La oferta popular era volver a aquel pasado cordial donde todo se solucionaba dando un poco de gallego en las aulas, calculando que los bilingües aceptarían un poco de gallego y a la mayoría le importaría poco porque tiene otras cosas más importantes de que preocuparse. Pero su cálculo ignoró que la propia estrategia iba a cambiar el orden de los factores. A una parte importante de la mayoría silenciosa sí le importa y se organiza para exigir que a sus hijos se les imparta docencia en gallego, especialmente incentivados por la feroz campaña popular. A Galicia Bilingüe ya no le vale la situación anterior y exige el cumplimiento de las promesas hechas porque el candidato les dijo que era su derecho y era una cuestión de libertad. El resultado es graves dificultades para hallar alguien de peso para hacerse cargo de gestionar semejante sudoku y que su problema ya no es derogar el agreste decreto, sino la desabrida ley de Fraga.
En campaña afirmó un día sí y otro también que le cuadraban los números, que bajaría los impuestos para que las familias gallegas recibieran 200 millones de euros y compensaría la merma de ingresos con un recorte drástico de altos cargos y el lujo bipartito. Ahora resulta que ni el Audi de Touriño ni la nevera de Quintana dan para tanto, cargarse a los delegados da poca liquidez y dice que va a echar cuentas para ver cuándo es el mejor momento para bajar los impuestos. Pero ¿no las había echado ya? ¿Mentía o no sabe sumar y restar? El poder desgasta sobre todo a quién no lo tiene, decía Andreotti. Y las crisis devoran la credibilidad de quien gobierna y desde el primer día. Se lo puede explicar Zapatero cuando quiera.

mil imaxes

Como presta este ano esa raiola de sol á tardiña....... (Fotografía. AL 3/5/09)

disque 5/5/09 Galicia Hoxe

Paxaros? Avións? Non, superdelegados Disque O Noso Alberto xa ten os seus superdelegados listos para despregar os seus poderes polas provincias da Gallaecia. Hai que recoñecerlle o adianto e o aforro de eliminar a inflada e confusa estrutura de delegacións da Xunta. Agora estaremos atentos a que isto non se encha de subdelegados e nos acaben facendo o calote que xa nos meteu Madrid cambiándolles de nome aos gobernadores. Hai que reprocharlle que, xa metidos en gastos, non aproveitara para explicarnos con claridade que fai exactamente un superdelegado, se política ou xestión. Porque visto o perfil dos nomeados, técnicos, o que se di técnicos, non che son.

4/5/09

misterio galego n# 13

Por qué tiña tanta presa O Noso Alberto en ter operativo o C-6 usado por Quintana que ate o mesmo Santiago Roura, Secretario de Méndez Romeu, tivo que chamar o primeiro día de o novo Presidente ó aínda Vicepresidente para ver para pedirllo expresamente? e por qué tiña que ser o de Quintana, para ver se atopaba a famosa nevera de mil euros que a febril imaxinación de Susana López Abella lle instalara?

a nosa terra, Nº 1357 - 30 de abril de 2009

COLONIA OU CHAMPU? Canto máis comparece Aymerich para asegurar que non vai haber pactos previos pero sí lealdade para quen gañe a asemblea, máis se convence un de que efectivamente non debe habelos si se quere que o conclave sirva para pór as bases do futuro nacionalismo galego como forza política con aspiracións maioritarias. Que se presenten os tres e cada quen explique claramente cal e o seu proxecto e despois que mande quen sume máis votos.
Canto máis denuncian os Irmandiños os afáns pactistas dos demais e canto máis elevan a súa violencia dialéctica contra os seus competidores, máis corpo cobra a triste sospeita de que o gran obxectivo de Beiras semella ser igualar a capacidade de supervivencia de Fraga e que todo vale con tal de logralo.
Canto máis se alían os Irmandiños e a UPG para humillar e censurar indignamente a Quintana, máis claro se demostra a acreditada habilidade coa que a U sempre se amaña para que outros lle fagan o traballo sucio e saír indemne. E máis evidente resulta que a Asemblea será un fracaso se volve convencer a alguén para que lle faga de escudo político.
Guillerme Vázquez e a UPG foron os máis votados nas comarcas. A eles debe corresponde rexer os destinos do BNG se o volven ser o 10-M. É hora de que deixen de dicirlle aos demais o que teñen que facer e asuman a responsabilidade do mando con todas as consecuencias, sen intermediarios e empezando polo resultado das eleccións europeas. Non vaia ser que acabemos facendo coma aquela manifestación que subía polo Franco compostelán morto o Franco ferrolán clamando que se definirá a U, se Galiza era colonia ou champu? Que vai ser desta volta?